miércoles, 17 de mayo de 2006

Día das letras galegas

Hoxe, 17 de maio, celebrase o homenaxe as letras galegas

Día das letras galegasCada ano adícase a un autor galego, hoxe lle toca a Manuel Lugrís Freire.

No ano 1963 a Real Academia Galega aprobaba por unanimidade a declaración do día 17 de maio como festa anual do Día das Letras galegas.

A proposta partira de tres membros desta institución (Francisco Fernández del Riego, Xesús Ferro Couselo e Manuel Gómez Román) a raíz do centenario da publicación do libro de Rosalía de Castro Cantares Gallegos
.
Baseaban os académicos a súa proposta en que este foi o primeiro libro galego que tivo unha significación universal. "Foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea, e a súa aparición veu a lle dar prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria".

Ignorábase a data exacta de publicación do libro Cantares Gallegos, pero propúxose o 17 de maio por ser ese día cando Rosalía llo dedicou á escritora e poeta Fernán Caballero (Cecilia Böhl de Faber, 1796-1877).

E a La Voz de Galicia súmase con a sua edición en galego.

¡A lingua, fai a cultura!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Anímate y expresa tu opinión:

Emoticones